
𝐆𝐫𝐚𝐜𝐢𝐞𝐥𝐚 𝐈𝐭𝐮𝐫𝐛𝐢𝐝𝐞, 𝐟𝐨𝐭ó𝐠𝐫𝐚𝐟𝐚 𝐝𝐚𝐬 “𝐜𝐨𝐮𝐬𝐚𝐬 𝐬𝐢𝐦𝐛ó𝐥𝐢𝐜𝐚𝐬” figura recoñecida da chamada fotografía social e política. «𝗘𝘂 𝗻𝗼𝗻 𝗳𝗼𝘁𝗼𝗴𝗿𝗮𝗳𝗼 𝗮 𝗽𝗼𝗯𝗿𝗲𝘇𝗮 𝗽𝗼𝗹𝗮 𝗽𝗼𝗯𝗿𝗲𝘇𝗮 𝗼𝘂 𝗮 𝗺𝗼𝗿𝘁𝗲 𝗽𝗼𝗹𝗮 𝗺𝗼𝗿𝘁𝗲. 𝗜𝗻𝘁𝗲𝗿é𝘀𝗮𝗻𝗺𝗲 𝗼𝘀 𝗰𝗼𝘀𝘁𝘂𝗺𝗲𝘀 𝗱𝗮 𝘅𝗲𝗻𝘁𝗲, 𝗮 𝘀ú𝗮 𝗱𝗶𝗴𝗻𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲, 𝗮 𝘀ú𝗮 𝗵𝗶𝘀𝘁𝗼𝗿𝗶𝗮 𝗲 𝗮 𝗱𝗼𝘀 𝗽𝗼𝗯𝗼𝘀.»
Ten unha perspectiva diferente da vida e da figura feminina do país que a viu nacer, México.
Moi destacable e sobresaliente e a súa achega á etnografía e antropoloxía, ao documentar aos pobos indíxenas .

Grazas ás súas fotografías rompéronse estereotipos e visibilizouse a presenza das mulleres na cultura mexicana e na fotografía en xeral.
Acudiu a outros países para producir traballos fotográficos con fins sociais e documentais, reflectindo que a súa visión do mundo é moito máis profunda, do que adoitamos coñecer.
Da súa obra di Marta Dahó, doutora do Departamento de Historia da Arte da Universidadde Barcelona e con marcado interese pola fotografía:
“A arte de Graciela Iturbide radica nunha singular capacidade de suxerir e condensar que anula a nosa habitual disociación entre pensar e experimentar, entre vivir e fotografar.”
Ten no seu haber numerosos premios como o outorgado en 1986 pola UNESCO pola serie «O emprego ou a súa carencia», en 2017 o Premio Internacional de Fotografía de Alcobendas, ou o de 2023 outorgado pola Academia de Belas Artes de Francia, premio William Klein.


