PREMIOS RSE GALICIA 2026

 

PREMIOS RSE GALICIA 2026. Empresas que transforman.

Hoxe, no Pazo A Toxeiriña, en Moraña (Pontevedra), fíxose entrega dos Premios RSE Galicia 2026, uns recoñecementos que poñen en valor o compromiso das empresas galegas cun modelo de actividade máis responsable, sostible e comprometido coas persoas e co territorio.
Os premios contemplan tres categorías segundo o tamaño da empresa:
🔹 Pequena empresa | ata 49 persoas traballadoras
Recoñécese o desempeño integral nos ámbitos laboral, ambiental e social.
🔹 Mediana empresa | de 50 a 249 persoas traballadoras
Valórase a integración estratéxica dos criterios ASG —ambientais, sociais e de gobernanza— na actividade empresarial.
🔹 Gran empresa | 250 ou máis persoas traballadoras
Ponse o foco nos proxectos de impacto no tecido local e ambiental.

E, de maneira transversal, a Mención á Conciliación para ALTIA CONSULTORES,S.A, recoñece iniciativas empresariais innovadoras que favorecen a conciliación da vida laboral, familiar e persoal e a corresponsabilidade, incluíndo medidas como a flexibilidade horaria, o traballo a distancia, a desconexión dixital ou outras fórmulas que faciliten o coidado e a organización dos tempos.

O titular da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración Xunta de Galicia destacou que estes galardóns permiten visibilizar empresas que, cumprindo xa co que establece a normativa, van un paso máis aló no seu día a día en aspectos como o benestar laboral, a #conciliación e a #corresponsabilidade, a igualdade de oportunidades, a diversidade ou a sustentabilidade ambiental.
Cuestións que, segundo sinalou, contribúen a mellorar o clima laboral, favorecer a atracción e retención de talento e reforzar a competitividade e o futuro das organizacións.

Porque a Responsabilidade Social Empresarial non se limita ao impacto ambiental ou económico: tamén implica crear contornas de traballo máis igualitarias, inclusivas e corresponsables.

Desde o Gabinete Técnico de Igualdade da Confederación Empresarial de Ourense, organización que estivo representada polo seu presidente David Martínez Alonso, celebramos estes recoñecementos e o compromiso das empresas que incorporan a  igualdade de oportunidades, a conciliación e a sustentabilidade como parte da súa maneira de facer empresa.

Unha empresa responsable tamén é unha empresa que coida das persoas.

Máis Noticias