CONCILIACIÓN E CORRESPONSABILIDADE: NOVAS AXUDAS EN GALICIA

A Xunta de Galicia convoca as da vida persoal, familiar e laboral mediante a redución da xornada, co obxectivo de avanzar cara a unha corresponsabilidade real nos coidados.
Persoas proxenitoras traballadoras por conta allea, tanto no sector privado como público, que reduzan a súa xornada para coidar das súas fillas e fillos, cumprindo os requisitos establecidos na convocatoria.
Para o coidado de menores de 3 anos, ou menores de 12 anos no caso de discapacidade igual ou superior ao 33 %, así como determinados supostos de adopción e acollemento.
Desde o Gabinete Técnico de Igualdade da Confederación Empresarial de Ourense lembramos que facilitar a conciliación non é só unha cuestión familiar: é avanzar cara a empresas máis corresponsables, igualitarias e sostibles.


