Información de Axudas: Conciliación

CONCILIACIÓN E CORRESPONSABILIDADE: NOVAS AXUDAS EN GALICIA
A Xunta de Galicia convoca as  da vida persoal, familiar e laboral mediante a redución da xornada, co obxectivo de avanzar cara a unha corresponsabilidade real nos coidados.
🔹 Quen pode beneficiarse?
Persoas proxenitoras traballadoras por conta allea, tanto no sector privado como público, que reduzan a súa xornada para coidar das súas fillas e fillos, cumprindo os requisitos establecidos na convocatoria.
👉 𝐀 𝐦𝐞𝐝𝐢𝐝𝐚 𝐩𝐨𝐧 𝐞𝐬𝐩𝐞𝐜𝐢𝐚𝐥𝐦𝐞𝐧𝐭𝐞 𝐨 𝐟𝐨𝐜𝐨 𝐞𝐧 𝐟𝐨𝐦𝐞𝐧𝐭𝐚𝐫 𝐪𝐮𝐞 𝐨𝐬 𝐡𝐨𝐦𝐞𝐬 𝐭𝐚𝐦é𝐧 𝐬𝐞 𝐚𝐜𝐨𝐥𝐥𝐚𝐧 á 𝐫𝐞𝐝𝐮𝐜𝐢ó𝐧 𝐝𝐞 𝐱𝐨𝐫𝐧𝐚𝐝𝐚, 𝐜𝐨𝐧𝐭𝐫𝐢𝐛𝐮í𝐧𝐝𝐨 𝐚 𝐮𝐧 𝐫𝐞𝐩𝐚𝐫𝐭𝐨 𝐦á𝐢𝐬 𝐞𝐪𝐮𝐢𝐥𝐢𝐛𝐫𝐚𝐝𝐨 𝐝𝐨𝐬 𝐜𝐨𝐢𝐝𝐚𝐝𝐨𝐬.
🔹 Para que situacións?
Para o coidado de menores de 3 anos, ou menores de 12 anos no caso de discapacidade igual ou superior ao 33 %, así como determinados supostos de adopción e acollemento.
🔹 Contía das axudas:
💶 Entre 1.700 € e 3.700 €, segundo a porcentaxe e duración da redución de xornada e o número de fillas e fillos menores de 12 anos.
📅 Son subvencionables as reducións realizadas entre o 1 de agosto de 2025 e o 31 de xullo de 2026.
Desde o Gabinete Técnico de Igualdade da Confederación Empresarial de Ourense lembramos que facilitar a conciliación non é só unha cuestión familiar: é avanzar cara a empresas máis corresponsables, igualitarias e sostibles.

Máis Noticias