Escritoras

Día das Escritoras
Este 19 de outubro celebramos a XI edición do  Día das Escritoras, baixo o lema
«As amigas como forma de liberdade»,
poñendo o foco nesas redes de apoio, complicidade e creación compartida que fixeron posible que tantas mulleres puidesen escribir, crear e participar na vida intelectual e pública.
Este ano, ademais, conmemoramos o centenario  do Lyceum Club Femenino, creado en Madrid en 1926 como un espazo de encontro, cultura e liberdade para as mulleres.
Alí estiveron mulleres como María de Maeztu, Clara Campoamor, Victoria Kent, Zenobia Camprubí ou María Lejárraga: mulleres que entenderon que a cultura tamén podía ser unha ferramenta para transformar a sociedade.
E desde o Gabinete queremos poñer en valor precisamente esa idea: a igualdade tamén se constrúe creando referentes, visibilizando o talento das mulleres e favorecendo espazos nos que poidan participar, crear e desenvolver todo o seu potencial en condicións de igualdade.
Porque unha sociedade igualitaria non só necesita que as mulleres poidan escribir a súa propia historia… necesita que teñan a mesma igualdadedeoportunidades para ser protagonistas dela.

Máis Noticias