Maite! Alégranos contar contigo neste equipo.

𝐂𝐚𝐧𝐝𝐨 𝐟𝐚𝐥𝐚𝐦𝐨𝐬 𝐝𝐞 𝐢𝐠𝐮𝐚𝐥𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐝𝐞 𝐨𝐩𝐨𝐫𝐭𝐮𝐧𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞𝐬, 𝐟𝐚𝐥𝐚𝐦𝐨𝐬 𝐝𝐞 𝐚𝐛𝐫𝐢𝐫 𝐩𝐨𝐫𝐭𝐚𝐬. 𝐏𝐞𝐫𝐨 𝐭𝐚𝐦𝐞𝐧 𝐝𝐞 𝐠𝐚𝐫𝐚𝐧𝐭𝐢𝐫 𝐪𝐮𝐞 𝐭𝐨𝐝𝐚𝐬 𝐚𝐬 𝐩𝐞𝐫𝐬𝐨𝐚𝐬 𝐩𝐨𝐢𝐝𝐚𝐧 𝐚𝐭𝐫𝐚𝐯𝐞𝐬𝐚𝐥𝐚𝐬.
Hoxe queremos dar a benvida a Maite Blanco Álvarez, que se incorpora á Confederación Empresarial de Ourense (CEO) a través do programa “Emprego con Apoio”, desenvolvido por Down Ourense, que facilita os procesos de incorporación e acompañamento de persoas con discapacidade no ámbito laboral.
Esta incorporación representa moito máis ca unha contratación. É unha oportunidade para seguir avanzando cara a contornas de traballo nas que o talento, o compromiso e as capacidades de cada persoa teñan máis peso ca os prexuízos, as etiquetas ou as expectativas que ás veces poñemos sobre elas.
Porque falar de diversidade non é establecer quen ten máis ou menos capacidades. É entender que todas as persoas somos diferentes, temos capacidades diversas e podemos precisar apoios diferentes para desenvolver todo o noso potencial.
Desde o Gabinete Técnico de Igualdade queremos seguir contribuíndo á construción dunha cultura empresarial baseada na igualdade de oportunidades, na inclusión, e no respecto á diversidade, favorecendo que o acceso ao emprego sexa unha realidade para todas as persoas.

Máis Noticias