Ourense puxo o foco no talento feminino con PR”SENTES

Cando as mulleres que abren camiño comparten a súa historia, outras empezan a imaxinar ata onde poden chegar.
Ourense puxo o foco no talento feminino con PR”SENTES, o proxecto da Xunta de Galicia que conecta mulleres referentes de distintos ámbitos para compartir experiencias, xerar diálogo e abrir novas posibilidades de liderado e participación.
 A empresa Adolfo Domínguez acolleu unha nova conferencia deste primeiro ciclo, protagonizada por Adriana Domínguez, presidenta executiva da compañía, que compartiu a súa traxectoria profesional e a súa visión dun sector no que liderar tamén significa afrontar retos, tomar decisións e abrir camiño.A xornada contou coa participación da conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, quen destacou o carácter esencial desta iniciativa para compartir experiencias, crear diálogo e inspirar as novas xeracións.
Un encontro ao que asistiron Marta Nóvoa, primeira vicepresidenta da Deputación de Ourense; Olga Santos, vicepresidenta da Confederación Empresarial de Ourense (CEO); e unha representación do Gabinete Técnico de Igualdade da CEO.
 E se algo ten Ourense é talento, capacidade e potencial para seguir medrando.
A nosa provincia conta cun tecido empresarial diverso, iniciativas innovadoras e mulleres que achegan coñecemento, experiencia e liderado en múltiples sectores. Visibilizar as súas traxectorias, favorecer o intercambio de experiencias e crear oportunidades para que máis mulleres participen nos espazos de decisión é tamén apostar polo desenvolvemento económico e social de Ourense.
Porque o potencial dunha provincia non se mide só polos recursos que ten, senón tamén polas persoas ás que lles permite desenvolver todo o seu talento.
 Máis referentes. Máis oportunidades. Máis talento ourensán liderando o futuro.

Máis Noticias