“𝕍𝕖𝕦𝕧𝕖 ℂ𝕝𝕚𝕔𝕢𝕦𝕠𝕥” Unha historia de emprendemento.

“𝕍𝕖𝕦𝕧𝕖 ℂ𝕝𝕚𝕔𝕢𝕦𝕠𝕥” a champaña da miña elección❗ dunha muller empoderada, que rompeu roles de xénero, unha audaz empresaria en época tumultuosa na procura de mercados …unha historia fascinante de superación e desafíos sociais.
𝓑𝓪𝓻𝓫𝓮 𝓝𝓲𝓬𝓸𝓵𝓮 𝓒𝓵𝓲𝓬𝓺𝓾𝓸𝓽 𝓟𝓸𝓷𝓼𝓪𝓻𝓭𝓲𝓷, nunha época na que as mulleres estaban excluídas dos negocios, vira a oportunidade laboral de aprender xunto ao seu marido, algúns fundamentos do cultivo da vide e da fabricación do viño das súas terras.
Ao enviudar con 27 anos en 1805, tomou as rendas do negocio de distribución de viños e converteuse nunha das primeiras empresarias modernas, levando a dirección da empresa fundada polo seu sogro Philippe Clicquot en 1772.
En 1816 Madamme Clicquot deseñou un dos sistemas que máis influenciaron na produción de champaña ata a actualidade :
o sistema de pupitres para decantar eses microorganismos que se producen durante a fermentación e que se acumulan e descompoñen no fondo dos depósitos de viño …unha invención industrial!
Foi a primeira en exportar champagne a Rusia, tras a caída de Napoleón I, adiantándose aos seus  famosos competidores . A súa valentía en un mondo hostil e habilidades empresariais, non só expandiron a marca, senón que tamén estableceron a «Veuve Clicquot» como un sinónimo de calidade e luxo.
Os historiadores non poden asegurar con total certeza que Dom Pérignon fose ou non o descubridor do método «champenoise», e seguramente foi froito do traballo de viticultores ao longo de varios anos que xa coñecían os viños con burbullas.
Pero tomaremos como referencia a Abadía de Hautvillers onde durante 47 anos traballou e xestionou e dirixiu a súa adega, o benedictino 𝓓𝓸𝓶 𝓟𝓲𝓮𝓻𝓻𝓮 𝓟é𝓻𝓲𝓰𝓷𝓸𝓷. … pero o que sucedeu accidentalmente tal día como hoxe 𝟒 𝐝𝐞 𝐚𝐠𝐨𝐬𝐭𝐨 𝐝𝐞 𝟏𝟔𝟗𝟑, contribuíu á mellora dos métodos de elaboración dos viños e á produción dos viñedos en calidade e cantidade, que tiñan unha extensión aproximada de 24 hectáreas.

Máis Noticias