TRIBUNAL SUPREMO Sala do social Sentencia núm. 533/2025
“A demandante atopábase gozando da redución de xornada por coidado de fillo menor de doce anos e, seguía prestando servizos a quendas en mañá, tarde e noite. A empresa abonáralle o plus global de quendas na contía proporcional á redución de xornada e o abono das correspondentes diferenzas retributivas, ao considerar que o plus debía de ser pagado no seu importe íntegro.
A Sentenza da Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid 815/2023, do 22 de setembro estimou a demanda, considerando que a demandante tiña dereito a percibir o plus global de quenda na súa contía íntegra e non no importe proporcional á redución de xornada por coidado de fillo, condenando á empresa demandada ao abono das diferenzas correspondentes. Declara esta sentenza que o plus global de quenda non está vinculado á duración da xornada, senón á maior penosidad que conleva o traballo a quendas, pola alteración da reiteración de horarios. Ao ser igual a penosidad do traballo a quendas na prestación de servizos a xornada completa que na xornada reducida por coidado de fillo, debe abonarse o plus na súa integridade”
Na data 04/06/2025 , O TRIBUNAL SUPREMO Sala do social Sentencia núm. 533/2025 declara e confirma a firmeza da sentenza anterior.
Sabemos do dereito á redución de xornada por garda legal tanto aos homes como ás mulleres, pero son máis numerosas as mulleres que solicitan e permanecen con redución de xornada polo coidado dos fillos e fillas menores de doce anos, que os homes que se acollen a esta posibilidade, o que pode dificultar a promoción laboral e a igualdade efectiva entre mulleres e homes, acentuando a situación de desvantaxe da muller nas relacións laborais e, dificultando a corresponsabilidade nas tarefas do coidado dos fillos e fillas menores.


