Enxeñería social, empresas e igualdade: un desafío urxente.

As decisións humanas seguen sendo un dos elos máis vulnerables na seguridade da información. A enxeñería social explota precisamente iso: a confianza, a urxencia ou o descoñecemento para manipular ás persoas, xa sexa para roubar credenciais, coar malware ou provocar fraudes.
 Nas empresas, este problema multiplícase: Un só erro humano pode comprometer sistemas completos. Os ataques (phishing, suplantación, fraudes) afectan a toda a organización. A falta de formación en ciberseguridade aumenta a exposición.
Pero ademais, non todas as persoas dentro da empresa enfrontan os mesmos riscos.
 Aínda que os homes adoitan asumir máis riscos dixitais, as mulleres son vítimas máis frecuentes de certos ciberdelitos, como a sextorsión, o ciberacoso ou os deepfakes íntimos. Estas ameazas tamén impactan na contorna laboral, afectando o seu benestar, reputación e oportunidades profesionais.
 Por iso, a ciberseguridade empresarial tamén é unha cuestión de igualdade: A violencia dixital de xénero pode trasladarse ao ámbito laboral. 👉As brechas en formación e concienciación aumentan a vulnerabilidade.
É clave implementar políticas inclusivas de seguridade dixital, e que poden facer as empresas?
✔️ Formar a todo o persoal en ciberseguridade.
✔️ Incorporar #perspectiva de xénero nos seus protocolos.
✔️ Crear contornas seguras para denunciar incidentes .
✔️ Promover unha cultura dixital responsable e inclusiva.
 Entender como operan estes ataques é o primeiro paso para previlos e construír organizacións máis seguras e igualitarias.
Desde o Gabinete técnico de igualdade da Confederación Empresarial de Ourense Confederación de Empresarios de Galicia queremos expresar a nosa preocupación pola importancia da prevención en ciberseguridade, especialmente ante riscos como a enxeñería social e as violencias dixitais que afectan de xeito desigual ás persoas.
A seguridade na contorna dixital é tamén unha cuestión de igualdade, e só a través da información, a sensibilización e a formación poderemos construír espazos máis seguros e inclusivos.
A xornada de onte 13 de abril de 2026  na CEO de Ourense de máis +𝐂𝐢𝐛𝐞𝐫𝐬𝐞𝐠𝐮𝐫𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞, impulsada por Fundación CEOE Incibe – Instituto Nacional de Ciberseguridad de España CEOE coa colaboración de Guardia Civil Policía Nacional e Fundación Hermes contribuíu a mellorar o coñecemento e a concienciación.
Seguimos avanzando cara a unha cultura dixital máis segura e equitativa para todas as persoas.

Máis Noticias