Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

25N | Tolerancia Cero contra a Violencia cara ás Mulleres Desde a CEO alzamos a voz para rexeitar de forma rotunda calquera forma de violencia contra as mulleres, unha secuela que vulnera dereitos e frea o desenvolvemento social e económico. Esta mañá, o equipo de goberno da CEO, así como traballadoras e traballadores da entidade participaron nun acto no que Beatriz Gómez, vicepresidenta da confederación, leu un manifesto contra a violencia cara á muller.
«En Galicia, en 2024 rexistráronse máis de 7.600 denuncias, e en Ourense a cifra é de 77 denuncias ao mes. Son datos que nos obrigan a actuar.
As empresas temos un papel crave: crear espazos seguros, promover a igualdade e activar protocolos de apoio a traballadoras vítimas, garantindo flexibilidade, acompañamento e protección do seu emprego.
Hoxe reafirmamos o noso compromiso: Tolerancia cero. Por unha sociedade e un tecido empresarial libres de violencia»

Máis Noticias