25N Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

A violencia exercida contra as mulleres é unha violación grave dos dereitos humanos con raíces históricas, estruturais e culturais profundamente arraigadas na desigualdade de xénero.

Este problema é global e transversal, afectando a mulleres de todas as idades, culturas e niveis socioeconómicos, e as súas manifestacións son diversas, incluíndo a violencia física, psicolóxica, sexual, dixital e económica .

O silencio é un mecanismo imposto que illa, levando á muller a unha autopercepción negativa e á sensación de non ter ferramentas para escapar.

O Punto de Inflexión e o cambio ocorre ao nomear e recoñecer a violencia. Este acto é a porta da supervivencia:

  • Pásase de ser vítima a ser sobreviviente.
  • Recupérase a autonomía e a identidade.

Non existe un só perfil de sobreviviente. Hai innumerables historias de mulleres que, cunha fortaleza única, reconstruíron as súas vidas. Cada relato é un testemuño de que a sanación é posible,  e que a vida libre de violencia é un dereito recuperable.

A túa historia importa!

 

As empresas non poden ser actores pasivos. Teñen a capacidade e a responsabilidade de ser parte activa da solución, promovendo espazos seguros e unha cultura de igualdade e respecto.
Dende o Gabinete de Igualdade da CEO, avogamos pola acción concreta de todas as empresas , promovendo:
• Protocolos de Actuación: Implementar e difundir protocolos claros e confidenciais de apoio a empregadas vítimas de violencia, garantindo a flexibilidade laboral, o soporte legal e a protección do seu posto de traballo.
• Formación e Sensibilización: Promover formación para directivos e persoal sobre a detección da violencia, a igualdade de xénero e o respecto.
• Apoio Integral: Colaborar con entidades especializadas e ofrecer recursos internos (psicolóxicos ou legais) para facilitar a transición de vítima a sobreviviente.
• Visibilidade: Utilizar a nosa plataforma institucional , RRSS e canles de comunicación para visibilizar a problemática e desterrar mitos.

Máis Noticias