CONSUELO GONZÁLEZ RAMOS unha das representantes máis destacadas do movemento feminista español do primeiro terzo do século xx.
Mestra de formación, unha precursora do asociacionismo feminino español, pero fundamentalmente debe ser recoñecida como unha pioneira á hora de emprender diversos proxectos socio-económicos destinados a ofrecer ás mulleres unha formación adecuada que lles permitise promocionar no ámbito laboral como medida previa á súa emancipación.
Co pseudónimo Celsia Regis, fundou e dirixiu entre 1917 e 1931 a revista “LA Voz de la Mujer”, onde informaba as lectoras dos seus dereitos e das situacións de desigualdade legal que permanecían e analizaba cuestións candentes do feminismo e da actualidade.

