E se a familia “normal” fose a familia Monster 
O 24 de setembro de 1964, a CBS emitía por primeira vez «The Munsters».
E alí estaban eles: Herman, o pai con aspecto de criatura de Frankenstein; Lily, vampira e nai; o avó, outro vampiro; Eddie, metade neno, metade lobishome; e Marilyn, a única que, para os estándares do seu mundo, parecía “normal”.
Ou iso pensaban eles.
Porque aquí esta a cuestión: esa inversión é moito máis interesante do que parece.
Os Monster considerábanse unha familia perfectamente normal.
Era o resto do mundo quen lles parecía… bastante raro.
A casa de 1313 Mockingbird Lane, convertíase así nun pequeno laboratorio de diversidade:
- diferentes xeracións convivindo baixo o mesmo teito.
- aparencias que rompen cos cánones.
- unha familia construída arredor de identidades moi diferentes.
- e unha Marilyn considerada “rara” precisamente porque era a única que encaixaba nos estándares convencionais de beleza.
…pero queríanse, coidábanse, discutían, educaban os seus fillos, tiñan rutinas, traballo, veciñanza e problemas familiares.
𝗘𝗻 𝗱𝗲𝗳𝗶𝗻𝗶𝘁𝗶𝘃𝗮: 𝘂𝗻𝗵𝗮 𝗳𝗮𝗺𝗶𝗹𝗶𝗮.
«The Munsters» poñía en cuestión as normas e valores sociais asociados á idea de “familia normal”.
Quizais por iso, 62 anos despois, a pregunta segue sendo incómodamente actual:
Quen puxo a etiqueta de “normal”
E, sobre todo…quen dixo que tiñamos que parecernos para ter os mesmos dereitos, as mesmas igualdade d eoportunidades e o mesmo lugar na sociedade 


Porque a igualdade non precisa que nos parezamos…é a diversidade a que crea o problema. É o prexuízo co que a miramos.
IGUALDADE SEN ETIQUETAS.


