Sentenza do Tribunal Supremo 2699/2025, de 27 de maio:
Os plans de igualdade teñen natureza de convenio colectivo e, por tanto, o control de legalidade sobre o seu contido e a lexitimidade das persoas negociadoras corresponde á xurisdición social, non á administración. A correcta constitución da comisión negociadora é crucial porque unha constitución incorrecta pode invalidar todo o proceso, comprometendo o diagnóstico, o deseño e implementación do plan. Recomendamos seguir estritamente o establecido no RD 901/2020.

De acordo con o art. 45 da Lei Orgánica 3/2007, para a igualdade efectiva de mulleres e homes(LOIMH) a elaboración do plan é obrigatoria en tres supostos:
- Obrigación legal segundo o tamaño do persoal.
- Obrigación por convenio colectivo de aplicación.
- Imposición por resolución sancionadora da autoridade laboral.


