Axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino. 2025

Dende o día de onte e ata o día 14 de agosto, está aberto o prazo para solicitar calquera das axudas incluídas no plan EMEGA, que contén catro liñas:

a) EMEGA EMERXE: para promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais e a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea.

b) EMEGA IMPULSA: para favorecer a reactivación, a consolidación de empresas constituídas por mulleres, ou a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competitividade, dirixidas a paliar unha situación económica adversa, e que resulten necesarias para o mantemento do emprego por conta propia e por conta allea, así como para conseguir o necesario equilibrio empresarial e asegurar a súa pervivencia, consolidación e mellora. En ningún caso ditas medidas poderán consistir na destrución do emprego existente por conta propia e allea.

c) EMEGA INNOVA: para impulsar a implantación de iniciativas empresariais de carácter innovador, con contido científico ou con base tecnolóxica, promovidas por mulleres e que supoñan a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea. d) EMEGA CONCILIA: axuda complementaria ás anteriores para promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, nas súas dúas modalidades: Concilia-promotoras e Concilia-persoas traballadoras por conta allea.

d) EMEGA CONCILIA: axuda complementaria ás anteriores para promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, nas súas dúas modalidades: Concilia-promotoras e Concilia-persoas traballadoras por conta allea.

Máis Noticias