Onte en Vigo na Confederación Empresarial de Pontevedra – CEP tivo lugar o V Foro Empresarial pola Igualdade. Valioso espazo de diálogo e reflexión .
Quedou en evidencia que as empresas e pemes lideradas por mulleres non só achegan talento e visión, senón que tamén atopan na igualdade unha fonte de motivación e ideas transformadoras.
Este foro demostrou que avanzar cara á igualdade non é só un compromiso ético, senón tamén unha oportunidade estratéxica: equipos máis motivados, implicados e cohesionados que contribúen a mellorar a produtividade, fortalecer a competitividade e proxectar unha imaxe corporativa máis sólida e responsable.
Onte en representación do GTI da Confederación Empresarial de Ourense estiveron Cruz Bangueses , Inma del Brío, e a coordinadora do GTI da Confederación de Empresarios de Galicia celebrando que encontros como este sigan abrindo camiños cara a un futuro empresarial máis inclusivo, innovador e xusto, onde a igualdade sexa unha realidade compartida.



