Unha iniciativa da Xunta de Galicia destinada a dar maior visibilidade ás mulleres profesionais de Galicia.

Todos os días celébranse na nosa comunidade mesas redondas, xornadas técnicas, foros especializados ou fanse entrevistas en medios de comunicación. Para seguir dando pasos adiante en materia de igualdade, precisamos que a voz e a experiencia das mulleres estea máis presente.
Por este motivo, esta creación dun espazo de procura de perfís profesionais especializados en diferentes sectores, concebido como unha ferramenta práctica e aberta para facilitar a localización de mulleres dispostas a participar como poñentes, relatoras ou especialistas nos seus respectivos eidos de traballo.
Para que esta iniciativa represente a diversidade territorial e sectorial de Galicia, as profesionais interesadas poden inscribirse de maneira voluntaria a través do seguinte formulario:


