Consellería de Política Social e Igualdade publica :
ORDE do 30 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para , cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento SI427A).
Á Dirección Xeral de Promoción da Igualdade correspóndenlle, entre outras, a función de propoñer medidas, programas e normas dirixidos á promoción do exercicio efectivo dos dereitos das mulleres, a incrementar a súa participación na vida económica, laboral, política, social e cultural, e a eliminar as discriminacións existentes entre sexos, e establecer relacións e canles de participación con asociacións, fundacións e outros entes e organismos que teñan entre os seus fins a consecución da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
Dende o GTI da CEO reafirmamos o noso compromiso coa promoción dos dereitos das mulleres a través de programas e normas que garantan a súa plena participación en todos os ámbitos: económico, laboral, político, social e cultural.
O noso obxectivo é claro:
✅ Eliminar as discriminacións de xénero.
✅ Impulsar a participación activa da muller na sociedade.
✅ Tecer redes con asociacións e fundacións para acadar a igualdade de oportunidades.


