PRESENTES é a maior plataforma que reúne o talento feminino de Galicia.

Unha gran comunidade con máis 2.000 referentes de diversos eidos e sectores que dá visibilidade ao talento e á experiencia das profesionais da nosa comunidade.
Nesta plataforma poderás encontrar milleiros de mulleres profesionais con voces acreditadas para participar como relatoras en conferencias, mesas redondas, conversatorios, entrevistas ou calquera tipo de evento do eido profesional, académico ou cultural.

