Nona Inés Vilariño Salgado: «As Constituíntes»

CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA :
Título I. Dos dereitos e deberes fundamentais.

Capítulo segundo. Dereitos e liberdades

Artigo 14 .

“Os españois son iguais ante a lei, sen que poida prevalecer discriminación algunha por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social”

Ás 21 deputadas e 6 senadoras que accederon ás cámaras españolas na primeira lexislatura coñécellas como «As Constituíntes» e entre elas a ferrolá  Nona Inés Vilariño Salgado:

«A loita polos dereitos da muller non é posible sen incorporar aos homes»

Como membro do emblemático grupo, Nona destacouse polo seu incansable labor na defensa da igualdade de xénero, contribuíndo a que A CONSTITUCIÓN consagrase o principio de igualdade entre homes e mulleres ante os poderes públicos.

Nunha entrevista contestaba á pregunta :

– Cando vostede accedeu ao Congreso eran 21 deputadas, pero ningún partido maioritario desde a data, apostou por unha candidata á presidencia do Goberno.

“- Os homes déixannos chegar ata unha fronteira, promociónannos e póñense unhas cotas… Pero á hora da verdade, nos postos executivos somos minoría. Hai que seguir loitando. A min o que me gusta é traballar porque as decisións dos homes e mulleres sexan froito da igualdade de oportunidades, que moitas veces está ausente en certas políticas e actitudes e nos xenes da violencia de xénero, que é nosa gran secuela”

Máis Noticias