
O traballo da muller rural diversificouse máis aló das tarefas puramente agrícolas e moitas mulleres optaron por emprender en sectores moi variados, aproveitando as oportunidades do territorio. Isto inclúe proxectos ligados á posta en valor de produtos locais, o turismo rural e a artesanía.
Aínda que unha parte do labor profesional segue ligado ás tarefas do campo e ao coidado de persoas dependentes de unha provincia envellecida, cada vez máis se observa a súa incursión en 𝐧𝐨𝐯𝐨𝐬 𝐫𝐨𝐥𝐞𝐬 𝐩𝐫𝐨𝐟𝐞𝐬𝐢𝐨𝐧𝐚𝐢𝐬 𝐜𝐨𝐦𝐨 𝐞𝐧 𝐬𝐞𝐫𝐯𝐢𝐳𝐨𝐬, 𝐭𝐞𝐜𝐧𝐨𝐥𝐨𝐱í𝐚 𝐨𝐮 𝐩𝐞𝐪𝐮𝐞𝐧𝐚𝐬 𝐞𝐦𝐩𝐫𝐞𝐬𝐚𝐬 𝐝𝐞 𝐭𝐫𝐚𝐧𝐬𝐟𝐨𝐫𝐦𝐚𝐜𝐢ó𝐧.
A visibilización e o empoderamento son impulsados polo tecido asociativo, e como as mulleres se han organizado para loitar pola igualdade, impulsar a acreditación profesional e poñer en valor o seu labor como a engrenaxe necesaria e o piar imprescindible para a sociedade rural ourensá.
O seu dinamismo é clave para asegurar a transmisión do patrimonio e a identidade ás novas xeracións.
Destacar a importancia de impulsar a presenza das mulleres no rural en todos os ámbitos, apostando polo talento, a igualdade de xénero, a innovación no sector agrogandeiro galego.


